xoves, 22 de decembro de 2022

Peche do Calendario de Advento!

 Bo día!

Antes de anunciar a persoa gañadora… felicitarvos a todas e todos e darvos as grazas pola participación! 

E sen máis… a nosa noraboa a Diana de 4º de ESO, que con 10 retos resoltos é a gañadora deste ano!

Temos un pequeno agasallo que entregaremos ao longo da mañá!

Moitas grazas de novo pola participación e agardámosvos o vindeiro ano!

BO NADAL!


mércores, 21 de decembro de 2022

Calendario de Advento. Día 21

 E por fin... chegamos ao final do Calendario de Advento que, por outra banda,  significa o inicio das nosas merecidas vacacións!

En canto ao reto de onte, seguro que atopáchedes que a imaxe pertencía ao libro Planilandia de Edwin Abbott Abbott, un libro moi curioso que por suposto vos recomendamos!

Mañá tentaremos ter o reconto feito para anunciar ás persoas gañadoras deste ano. E, sen máis, deixámosvos co último reto deste ano 2022... 

Moita sorte!



martes, 20 de decembro de 2022

Calendario de Advento. Día 20.

Boas detectives, a resposta ao reto de onte era o número 64!

Hoxe cambiamos o cálculo pola investigación... 



luns, 19 de decembro de 2022

Calendario de Advento. Día 19

 Benvid@s á ultima semana de retos, lembrade que remataremos o mércores, polo que só tedes que resolver tres retos máis. A solución do reto do venres era 42.

E para hoxe... un reto de Álxebra!



venres, 16 de decembro de 2022

Calendario de Advento. Día 16

 Boas detectives!

Efectivamente, o contrasinal consistía en dicir cantas letras tiña o número, así que cando lle dixeron SEIS tiña que ter contestado CATRO. Díchedes coa resposta?

A ver que tal se vos da hoxe!




xoves, 15 de decembro de 2022

Calendario de Advento. Día 15

 Fixastesvos ben onte? Sara tiña nove bolas na caixa pero a pregunta era cantas bolas eran vermellas, así que a resposta correcta era TRES.

Imos agora co reto de hoxe, ánimo detectives!



mércores, 14 de decembro de 2022

Calendario de Advento. Día 14

 Bo día!

Como vos foi onte? 

Atopáchedes a solución?, a palabra ARRANXAR valería 140 puntos. Como sabemos que o reto de onte costou imos con un máis sinxelo para hoxe...


martes, 13 de decembro de 2022

Calendario de Advento. Día 13

 Que tal o reto musical de onte? Podedes escoitar este canon de J. Sebastian Bach pinchando aquí, e ademáis veredes a construción (a partir do minuto 1:45) da Banda de Moëbius coa sua partitura co que logran mostrar "una correspondencia musical y armoniosa con la singular geometría de dicha superficie". Máxico!

E para hoxe un reto para romper a cabeza!


 

 


luns, 12 de decembro de 2022

Calendario de Advento. Día 12

 Ola de novo!

Despois de conmemorar, o día 9, o nacemento de Grace Murray Hopper en 1906 e celebrar o Día Internacional da Informática pasamos a algo máis artístico!


venres, 9 de decembro de 2022

Calendario de Advento. Día 9

 Hoxe pasamos de Karen Uhlenbeck que recibiu o seu premio Abel no ano 2019 (divisible entre 3, polo tanto COMPOSTO) a outra muller...




mércores, 7 de decembro de 2022

Calendario de Advento. Día 7

 Bo día, detectives!

Esperamos que collerades forzas nesta ponte para seguir investigando. Na nosa última entrada compartíamos unha imaxe das catro artes do Quadrivium: Aritmética, Xeometría, Música e Astronomía, infundindo sabiduría a tres matemáticos: Pitágoras, Euclides e Ptolomeo e a Tubalcaín, personaxe bíblico que se considera o pai da metalurxia.

Hoxe, presentámosvos a unha matemática...



venres, 2 de decembro de 2022

Calendario de Advento. Día 2

 Bo día!

Descubriríades onte que o vindeiro ano feliz será o 2026, non si?

Imos a polo reto de hoxe...

xoves, 1 de decembro de 2022

Día 1, arrincamos co Calendario de Advento 2022

 Benvid@s a unha nova edición do Calendario de Advento SansaLudoMates!

Lembrade que tedes que deixar a solución aos retos na Aula Virtual do cole, no curso Calendario de Advento 2022.

E sen máis, deixámosvos co primeiro reto de este Advento, boa sorte!



sábado, 26 de novembro de 2022

Preparad@s para unha nova edición do Calendario de Advento?

Un ano máis achégase o Nadal e poñemos en marcha o noso Calendario de Advento. Cada día un novo reto ata chegar ás vacacións de Nadal. Despois de Nadal anunciaremos as persoas gañadoras!

Lembrade o funcionamento do Calendario...

Cada día, a partir das 9 da mañá publicaremos no blogue un reto, despois de investigalo teredes que dar a solución na Aula Virtual do cole, na sección de Matemáticas, en SansaLudoMates/Calendario de Advento 22.

Moita sorte detectives!

domingo, 5 de xuño de 2022

Parabéns Tomás po representarnos tan ben na fase galega da Olimpíada Matemática

 A semana pasada Tomás, de 2º ESO foi a Lugo á final galega da Olimpíada Matemática, xunto con outros 40 rapaces e rapazas de toda Galicia.


Foi unha xornada intensa, cunha proba individual de 2 horas e despois unha proba por equipos na que o grupo de Tomás resultou o gañador. 


Parabéns polo teu bo traballo, curiosidade e entusiamo por  "darlle á cabeza". Nunca os perdas.


Ao resto... animádevos a participar en este tipo de iniciativas para o vindeiro curso!





domingo, 8 de maio de 2022

Este ano estamos de noraboa!


E non deixamos de repartir parabéns!

O noso alumno Xaquín de 1ºB foi o gañador do concurso de Esopías organizado por Agapema este ano, foi o pasado sábado a A Coruña, á Feira Matemática, a recoller o seu agasallo. 

E Tomás de 2ºB pasou a primera fase da Olimpiada Matemática e irá o 26 de maio a Lugo a participar na final galega. Moita sorte Tomás!

E noraboa aos dous!


xoves, 28 de abril de 2022

Parabéns aos nosos olímpic@s!

 A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática, organiza todos os anos a Olimpíada Matemática para 2º ESO.  O seu obxectivo e promover a ensinanza e aprendizaxe das Matemáticas a través da resolución de problemas.

O día 21 de abril os nosos tres olímpicos, Uxía, Tomás e Iria, viaxaron a Ferrol para poñerse a proba. Xunto con outros 30 alumn@s de centros da comarca estiveron loitando dúas horas cos problemas.... e aínda lles pareceu pouco tempo! :)


Parabéns e non perdades as ganas de afrontar retos!




martes, 19 de abril de 2022

Parabéns finalistas do Concurso de Esopías!

Hoxe coñecimos as esopías preseleccionadas no Concurso organizado por Agapema. E estamos de noraboa, as esopías de Inés de 1ºA "Luz en la oscuridad" e de Xaquín de 1ºB "Todos somos amigos" foron seleccionadas como finalistas. Agora só queda agardar as votacións finais!

Se queredes lelas e votar por algunha delas (só podedes votar por unha) pinchade aquí.

Noraboa, Inés e Xaquín!

xoves, 7 de abril de 2022

Participación no XXX Rally Matemático sen Fronteiras

Este pasado mes de marzo dous grupos, cada un de 8 valentes, aceptaron o reto de participar na XXX edición do Rally Matemático sen Fronteiras. O xoves 24 de marzo o grupo de 2º B e o de 1º B resolveron en conxunto 5 problemas. Foi unha tarde de nervios, emoción e algunha risa.

 

Despois enviamos os resultados ao xurado e tocou esperar. Mais foi unha espera feliz, xa que aos poucos días descubrimos que o grupo de 1º B fora un dos 3 mellores de Galicia!!  

 

O seguinte paso foi ir a Santiago o día 1 de abril e, na solemne Facultade de Química, realizar outra proba matemática. Con algo de nervios, pero máis ilusión Icía, Carlos, Pablo, Antón, Iker, Raúl, Zoe e Zeltia aceptaron o reto e, pese a que non acadaron o primeiro lugar, fixeron un gran traballo.

 

Seguro que esta foi unha experiencia que non esquecerán. Esperemos que o curso que ven repitan e que tamén se apunten moitos máis compañeir@s!

 

Parabéns a todos os participantes e a Verónica Fraga Lamas, profesora de matemáticas de 1º B!






mércores, 16 de marzo de 2022

Resultados do concurso de fotografía matemática

 Bos días a tod@s!


Hoxe temos o pracer de presentarvos a fotografía gañadora do noso concurso de fotos matemáticas. Non imos a escribir moito máis, xa que, non é certo que vale máis unha imaxe que mil palabras?

 

 

"Caracola aurea"  de Bea 2º ESO A

 

Moitas gracias a tod@s por participar e felicidades á gañadora. 

Esperámosvos na edición do ano que ven!


luns, 14 de marzo de 2022

Feliz día de pi!

 E cando dicimos día de PI, queremos dicir día das matemáticas, xa que a UNESCO elixiu este día para conmemorar as matemáticas. Porén, o día de pi, como tal empezou a celebrarse en 1988 no museo Exploratorium de San Francisco. Todo xurdiu como unha broma entre varios dos empregados do museo e case 25 anos despois, temos actividades matemáticas neste día por todo o globo!

 

Pola nosa banda, como actividade para este día propoñémosvos realizar unha esopía.

Unha que...? estaredes dicindo. Pois ben, unha esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 141 carácteres, onde cada palabra leva un número de letras (non está permitido o uso de cifras) igual ás sucesivas cifras do número π.


Seguro que facedes esopías extraordinarias!




martes, 8 de marzo de 2022

8 de marzo, seguimos na procura de mulleres matemáticas...

 

Un ano máis para conmemorar o Día da Muller queremos propoñer de novo unha actividade para dar a coñecer o traballo de mulleres no campo das Matemáticas.

Queremos manter a tradición  e igual que o pasado curso, a actividade consiste no deseño dun marcapáxinas dedicado a unha matemática proposta polo Departamento. Unha das caras do marcapáxinas imprimirase cun deseño de Primaria e a outra cun deseño de Secundaria, e repartiranse entre todo o alumnado do centro.

Este ano a matemática que queremos dar a coñecer é Ada Lovelace. Que ademáis está considerada a primeira persoa "programadora" da historia.

 


Invitamos a todas e todos a que investiguedes un pouco para coñecer a súa vida, e inspirarvos para facer un deseño que inclúa a súa imaxe (debuxo, caricatura...), algún dos seus logros, debuxos, frases...

Podedes descargar a plantilla na que debedes deseñar o marcapáxinas aquí (ollo! imprimídea en tamaño A4) ou podedes pedir a plantilla impresa a calquera dos profes do Departamento (Jose ou Verónica).

Recolleremos os vosos deseños durante todo o mes de marzo.

Animádevos a participar!

luns, 7 de febreiro de 2022

Concurso de fotografía matemática

 As matemáticas están por todas partes e rodean a nosa realidade. Serás capaz de capturalas nunha foto?


Desde sansaludomates dámosche a oportunidade de mostrar o teu lado artístico convocando unha segunda edición do noso concurso de fotografía matemática.  Nesta entrada tes as bases e, se tes algunha dúbida, podes consultar co teu profesor/a de mates.


Anímate a participar e sorpréndenos coas túas fotos!


Escala titánica


II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA CPI SAN SADURNIÑO

BASES

  

    Pode participar TODO o alumnado do CPI San Sadurniño.

     Pode presentar fotografías, fóra de concurso, todo o profesorado e persoal non docente do centro.

     As fotografías tratarán de todo o relacionado con temas matemáticos: xeometría, simetría, cálculo, matemáticas na contorna, proporcionalidade, estatística…

     As fotografías deben ser orixinais, non se poden presentar fotografías sacadas de internet ou que non sexan realizadas polo concursante.

     As fotografías DEBEN IR acompañadas dun título e do nome e curso da persoa que as envía.

     Cada concursante poderá presentar dúas fotografías como máximo.

    O formato das fotos deberá ser JPG ou PNG

      As fotografías enviaranse á dirección: sansaludomates@cpisansadurnino.org indicando no título da mensaxe: concurso fotografía matemática.

     A data límite para entregar as fotos é o 28 de febreiro de 2022.

    - As fotografías enviadas publicaranse no blog do departamento para darlles publicidade.

     Un xurado formado por profesorado do centro elixirá a fotografía gañadora.

    O xurado valorará tanto a foto como o título.

    O concurso pode ser declarado deserto.

    A decisión sobre as fotografías gañadoras será inapelable.

      Todas as fotografías presentadas pasarán a ser propiedade do Departamento de Matemáticas do CPI San Sadurniño, que poderá facer uso das mesmas con fins educativos, indicando, en todo caso, o nome do autor/a.

     A participación no concurso implica a aceptación das bases.

 

 


domingo, 30 de xaneiro de 2022

Actividades para o Día Mundial do Rompecabezas

 O 29 de xaneiro celébrase o Día Mundial do Rompe cabezas, tamén coñecido nos países anglosaxóns como "Puzzle Day".

Este curso, fixemos varias actividades conmemorativas en 1º, 2º e 4º da ESO. Por unha banda xogamos ao Tetris, un rompe cabezas dixital que leva triunfando desde os anos 80.

 

Ademais, un simpático grupo de leprechaun foi de excursión ao castelo de Naraío e perdeuse algún polo camiño!

 

Aínda que o Día do Rompe cabezas xa pasou non deixedes de exercitar o cerebro con estes divertidos pasatempos.




luns, 10 de xaneiro de 2022

Resultados da 2ª edición do Calendario de Advento

 Ano novo e enerxías renovadas, así comezamos este 2022 no Departamento de Matemáticas, e vos?

Polo pronto toca anunciarvos aos gañadores da segunda edición do Calendario de Advento co que rematamos o ano 2021.

A competición estivo tan axustada que… non temos 1 gañador, nin 2, nin 3, senón que temos 5 gañadores/as!

Esta é a lista de persoas que conseguiron acertar 9 dos 12 enigmas.

Nelson BL  2º ESO

Ainoa BP  1º ESO

Carolina CS  2º ESO

Zoe CS  1º ESO

Uxía LP 2º ESO

 

Parabéns aos  5 gañadores. E aos 51 que non o conseguistes, nora boa e grazas pola vosa participación. Non perdades o ánimo, haberá máis actividades nas que participar!