A semana pasada Tomás, de 2º ESO foi a Lugo á final galega da Olimpíada Matemática, xunto con outros 40 rapaces e rapazas de toda Galicia.
Foi unha xornada intensa, cunha proba individual de 2 horas e despois unha proba por equipos na que o grupo de Tomás resultou o gañador.
Parabéns polo teu bo traballo, curiosidade e entusiamo por "darlle á cabeza". Nunca os perdas.
Ao resto... animádevos a participar en este tipo de iniciativas para o vindeiro curso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario