E cando dicimos día de PI, queremos dicir día das
matemáticas, xa que a UNESCO elixiu este día para conmemorar as matemáticas.
Porén, o día de pi, como tal empezou a celebrarse en 1988 no museo
Exploratorium de San Francisco. Todo xurdiu como unha broma entre varios dos
empregados do museo e case 25 anos despois, temos actividades matemáticas neste
día por todo o globo!
Pola nosa banda, como actividade para este día propoñémosvos
realizar unha esopía.
Unha que...? estaredes dicindo. Pois ben, unha esopía é un relato,
comentario ou poema, cun máximo de 141 carácteres, onde cada palabra leva un
número de letras (non está permitido o uso de cifras) igual ás sucesivas cifras
do número π.
Seguro que facedes esopías extraordinarias!
Ningún comentario:
Publicar un comentario