xoves, 20 de decembro de 2018

Xornada lúdica antes de Nadal

Despois de días de moito traballo, exames... que mellor que un ratiño xogando! Eso si, poñendo a funcionar esas cabeciñas... con xogos de lóxica e visión espacial.
Moitas grazas a David e Daniela por prestarnos estes xogos! Son un agasallo perfecto para sorprender nestas datas porque ofrecen moito máis ca diversión! 





martes, 4 de decembro de 2018

Xornada de Tangram

Hoxe estivemos xogando con TANGRAMS. Encántanos este xogo porque ten multitude de posibilidades...
Non tedes máis que descargar o ficheiro e recortalo para empezar a disfrutar...
Aquí tedes un video curioso...

xoves, 15 de novembro de 2018

Obradoiro de papiroflexia


Este martes estivemos facendo papiroflexia, o tempo pasou voando, cando nos decatamos xa era hora de recoller... non tivemos tempo nin de sacar fotos a todas as persoas participantes!

Na aula virtual tedes os arquivos cos esquemas das figuras que fixestes.

Moitas grazas a tod@s por participar!

xoves, 8 de novembro de 2018

Primeira xornada... Practicando para o Canguro Matemático 2019

O pasado martes 6 de novembro empezamos a nosa andaina!






Este mes está aberto o prazo para participar no Canguro Matemático 2019, se queredes practicar coas probas do ano pasado podedes facelo aquí.

E por suposto estades convidad@s a vir todos os martes de 14:05 a 14:45 a os obradoiros de matemáticas lúdicas e resolución de problemas!
ANIMÁDEVOS!

luns, 29 de outubro de 2018

Comezo da tempada 2018/19

O próximo martes, 6 de novembro, comezamos cos obradoiros de resolución de problemas... Apúntate!