xoves, 28 de abril de 2022

Parabéns aos nosos olímpic@s!

 A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática, organiza todos os anos a Olimpíada Matemática para 2º ESO.  O seu obxectivo e promover a ensinanza e aprendizaxe das Matemáticas a través da resolución de problemas.

O día 21 de abril os nosos tres olímpicos, Uxía, Tomás e Iria, viaxaron a Ferrol para poñerse a proba. Xunto con outros 30 alumn@s de centros da comarca estiveron loitando dúas horas cos problemas.... e aínda lles pareceu pouco tempo! :)


Parabéns e non perdades as ganas de afrontar retos!




martes, 19 de abril de 2022

Parabéns finalistas do Concurso de Esopías!

Hoxe coñecimos as esopías preseleccionadas no Concurso organizado por Agapema. E estamos de noraboa, as esopías de Inés de 1ºA "Luz en la oscuridad" e de Xaquín de 1ºB "Todos somos amigos" foron seleccionadas como finalistas. Agora só queda agardar as votacións finais!

Se queredes lelas e votar por algunha delas (só podedes votar por unha) pinchade aquí.

Noraboa, Inés e Xaquín!

xoves, 7 de abril de 2022

Participación no XXX Rally Matemático sen Fronteiras

Este pasado mes de marzo dous grupos, cada un de 8 valentes, aceptaron o reto de participar na XXX edición do Rally Matemático sen Fronteiras. O xoves 24 de marzo o grupo de 2º B e o de 1º B resolveron en conxunto 5 problemas. Foi unha tarde de nervios, emoción e algunha risa.

 

Despois enviamos os resultados ao xurado e tocou esperar. Mais foi unha espera feliz, xa que aos poucos días descubrimos que o grupo de 1º B fora un dos 3 mellores de Galicia!!  

 

O seguinte paso foi ir a Santiago o día 1 de abril e, na solemne Facultade de Química, realizar outra proba matemática. Con algo de nervios, pero máis ilusión Icía, Carlos, Pablo, Antón, Iker, Raúl, Zoe e Zeltia aceptaron o reto e, pese a que non acadaron o primeiro lugar, fixeron un gran traballo.

 

Seguro que esta foi unha experiencia que non esquecerán. Esperemos que o curso que ven repitan e que tamén se apunten moitos máis compañeir@s!

 

Parabéns a todos os participantes e a Verónica Fraga Lamas, profesora de matemáticas de 1º B!