Este pasado mes de marzo dous grupos, cada un
de 8 valentes, aceptaron o reto de participar na XXX edición do Rally Matemático
sen Fronteiras. O xoves 24 de marzo o grupo de 2º B e o de 1º B resolveron en conxunto
5 problemas. Foi unha tarde de nervios, emoción e algunha risa.
Despois enviamos os resultados ao xurado e
tocou esperar. Mais foi unha espera feliz, xa que aos poucos días descubrimos
que o grupo de 1º B fora un dos 3 mellores de Galicia!!
O seguinte paso foi ir a Santiago o día 1 de
abril e, na solemne Facultade de Química, realizar outra proba matemática. Con
algo de nervios, pero máis ilusión Icía, Carlos, Pablo, Antón, Iker, Raúl, Zoe
e Zeltia aceptaron o reto e, pese a que non acadaron o primeiro lugar, fixeron
un gran traballo.
Seguro que esta foi unha experiencia que non esquecerán.
Esperemos que o curso que ven repitan e que tamén se apunten moitos máis compañeir@s!
Parabéns a todos os participantes e a Verónica
Fraga Lamas, profesora de matemáticas de 1º B!
Ningún comentario:
Publicar un comentario