luns, 7 de febreiro de 2022

Concurso de fotografía matemática

 As matemáticas están por todas partes e rodean a nosa realidade. Serás capaz de capturalas nunha foto?


Desde sansaludomates dámosche a oportunidade de mostrar o teu lado artístico convocando unha segunda edición do noso concurso de fotografía matemática.  Nesta entrada tes as bases e, se tes algunha dúbida, podes consultar co teu profesor/a de mates.


Anímate a participar e sorpréndenos coas túas fotos!


Escala titánica


II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA CPI SAN SADURNIÑO

BASES

  

–    Pode participar TODO o alumnado do CPI San Sadurniño.

–     Pode presentar fotografías, fóra de concurso, todo o profesorado e persoal non docente do centro.

–     As fotografías tratarán de todo o relacionado con temas matemáticos: xeometría, simetría, cálculo, matemáticas na contorna, proporcionalidade, estatística…

–     As fotografías deben ser orixinais, non se poden presentar fotografías sacadas de internet ou que non sexan realizadas polo concursante.

–     As fotografías DEBEN IR acompañadas dun título e do nome e curso da persoa que as envía.

–     Cada concursante poderá presentar dúas fotografías como máximo.

–    O formato das fotos deberá ser JPG ou PNG

–      As fotografías enviaranse á dirección: sansaludomates@cpisansadurnino.org indicando no título da mensaxe: concurso fotografía matemática.

–     A data límite para entregar as fotos é o 28 de febreiro de 2022.

–    - As fotografías enviadas publicaranse no blog do departamento para darlles publicidade.

–     Un xurado formado por profesorado do centro elixirá a fotografía gañadora.

–    O xurado valorará tanto a foto como o título.

–    O concurso pode ser declarado deserto.

–    A decisión sobre as fotografías gañadoras será inapelable.

–      Todas as fotografías presentadas pasarán a ser propiedade do Departamento de Matemáticas do CPI San Sadurniño, que poderá facer uso das mesmas con fins educativos, indicando, en todo caso, o nome do autor/a.

–     A participación no concurso implica a aceptación das bases.

 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario