luns, 11 de novembro de 2019

Tránsito de Mercurio

Hoxe tivo lugar un fenómeno que non poderemos volver a ver ate o 13 de novembro de 2032: un tránsito do planeta Mercurio.
A semana pasada convocamos un obradoiro para saber máis sobre o que era e que condicións se tiñan que dar para que sucedera, e hoxe sobre as dúas e vinte da tarde saímos fora para ver se as nubes nos deixaban desfrutalo, pero non puido ser...
Pola tarde o tempo foi máis benévolo e puidemos velo. Aquí tedes algunhas imaxes da proxección do Solarscope:


Igual tedes que ampliar as imaxes para poder aprecialo. Mercurio é ese pequeno puntiño negro preto do centro do disco solar. Lembremos que o raio de Mercurio é aproximadamente 1/286 parte do raio do Sol.

venres, 1 de novembro de 2019

Comezo do curso...

Arrancamos este novo curso con moitas ganas de facer cousas divertidas...
O noso obxectivo para este ano é conseguir que o alumnado participe en todas as actividades propostas...
E a primeira delas... celebrar o Samaín coas nosas CABAZAS MATEMÁTICAS...
Veñen de distintos países e distintas épocas pero todas elas teñen algo en común, a todas lles entusiasman as matématicas... 



O pasado mércores xogamos con elas, @s nos@s intrépid@s participantes tiñan que atopar as cabazas que tiñan as solucións a uns enigmas propostos polas profes de mates. Agardamos que lles gustase a actividade e que participen coas mesmas ganas na próxima!