E por fin... chegamos ao final do Calendario de Advento que, por outra banda, significa o inicio das nosas merecidas vacacións!
En canto ao reto de onte, seguro que atopáchedes que a imaxe pertencía ao libro Planilandia de Edwin Abbott Abbott, un libro moi curioso que por suposto vos recomendamos!
Mañá tentaremos ter o reconto feito para anunciar ás persoas gañadoras deste ano. E, sen máis, deixámosvos co último reto deste ano 2022...
Moita sorte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario