venres, 2 de outubro de 2020

Comezou outubro

outonoAcabamos de estrear outubro e pensaredes que non ten nada que ver coas matemáticas. Erro. As matemáticas están en todas partes.

Outubro é unha palabra que provén da latina octobris. Como todas sabedes «octo-»  significa «oitavo». Octobris é, polo tanto, o «oitavo mes». 

Pensa en que outros meses teñen nomes similares. 

Por que lle chamamos outubro ó décimo mes?

Investiga un pouco e deixa aquí
os teus comentarios.