Despois destes días de calendario de advento non queremos despedirnos sen deixarvos un auténtico calendario.
mércores, 23 de decembro de 2020
martes, 22 de decembro de 2020
Remata o Calendario de Advento
A resposta ao enigma de onte son os números combinatorios, que coñeceredes antes de marchar do colexio.
Hoxe despedímonos do noso Calendario. Á volta das vacacións publicarase a listaxe de gañadoras e/ou gañadores.
Non esquezades pasar mañá por aquí para unha nova entrega de calendarios.
luns, 21 de decembro de 2020
Calendario de Advento. Día 21.
O matemático e poeta do enigma do pasado venres era Omar Jayam.
Cada vez que escribides 3²=6 morre un coelliño. Menos mal que temos a Fibonacci.
venres, 18 de decembro de 2020
Calendario de Advento. Día 18
A resposta ao enigma de onte era Piet Mondrian.
Se pensabas que as matemáticas e a poesía non tiñan nada que ver hoxe levarás unha sorpresa.
Este vez queremos saber o nome do matemático e poeta da Idade Media que escribiu a poesía da presentación e viviu na enigmática Samarcanda.
xoves, 17 de decembro de 2020
Calendario de Advento. Día 17.
A curva en forma de corazón do enigma de onte chámase CARDIOIDE.
Hoxe viaxamos a Basilea e visitamos o museo da Fundación Beyeler.
mércores, 16 de decembro de 2020
Calendario de Advento. Día 16
Avanzamos no calendario detectives, que non decaia o ánimo!
O alquimista do enigma de onte era Isaac Newton.
Imos co de hoxe:
martes, 15 de decembro de 2020
Calendario de Advento. Día 15
A película pola que preguntabamos onte é Cortina Esgazada (Torn Curtain), dirixida por Alfred Hitchcock.
Hoxe buscamos o nome dun alquimista afeccionado, que tamén escribiu sobre outro par de temas...
luns, 14 de decembro de 2020
Calendario de Advento. Día 14.
A resposta correcta á cuestión do pasado venres é: Möbius
Hoxe imos ao cine.
venres, 11 de decembro de 2020
Calendario de Advento. Día 11
Bo día a tod@s!
O escultor do enigma de onte era Fidias, e no cadro mostraba o friso do Partenón aos seus amigos.
Para hoxe arte e matemáticas...
xoves, 10 de decembro de 2020
Calendario de Advento. Día 10
Onte preguntabamos pola obra de Escher e a resposta eran os mosaicos ou teselacións.
No enigma de hoxe falamos de arte
mércores, 9 de decembro de 2020
Calendario de Advento. Día 9.
A resposta á pregunta do venres pasado é Cono de Apolonio.
E para hoxe un novo enigma que resolver.
venres, 4 de decembro de 2020
Calendario de Advento. Día 4
A nave espacial do enigma de onte era a Mars Climate Obiter
Hoxe toca un enigma de XEOMETRÍA, a por el...
xoves, 3 de decembro de 2020
Calendario de Advento. Día 3
O gañador do Nobel polo que preguntabamos onte era John Forbes Nash, un experto en Teoría de Xogos.
No enigma de hoxe viaxamos a Marte, ou case...
mércores, 2 de decembro de 2020
Calendario de Advento. Día 2.
O matemático do enigma de onte era o sueco Helge von Koch.
Noraboa ás que atinastes. Hoxe tedes a segunda oportunidade para ir sumando puntos.