luns, 14 de xuño de 2021

Eclipse en Sansa

Alumnado agardando para ver a eclipse
Dende SansaLudoMates queremos agradecer a toda a comunidade educativa a vosa participación na observación da eclipse do pasado xoves. Todas e todos fixestes deses minutos fascinantes todo un éxito. 

Grandes e pequenos puideron observar unha eclipse (moitos por primeira vez), incluso descubrir o que era.

Alumnado vendo e agardando para ver a eclipse

 

Alumnado e profesorado tomaron un pequeno descanso, entre repasos e exames finais, para se achegaren ata o telescopio solar que instalamos na entrada. 

Imaxe da eclipse parcial na pantalla do solarscope

 

Nel puideron descubrir imaxes coma esta, na que se aprecia o bocadiño que a Lúa lle deu ao Sol.

Nenas observando a eclipse no solarscope

Con paciencia e respectando cadansúa burbulla e demáis normas do protocolo que nos acompañou ao longo do curso foron pasando rapaces e rapazas botar un ollo, sempre acompañados das estupendas explicacións da nosa compañeira máis entendida nestes temas celestes.

Alumnado observando a eclipse coas cámaras estenopeicas

Unha parte do alumnado tamén construiu, ao longo da semana, a súa propia cámara estenopeica. Deste xeito puideron facer a observación ao seu ritmo, co seu propio material e descubrindo unha tecnoloxía sinxela e segura.

 

Non nos despedimos sen animarvos a anotar nas vosas axendas a próxima cita deste ano, aínda que xa non será en horario lectivo. O vindeiro 19 de novembro poderemos ver unha eclipse parcial de Lúa. 

Do mesmo xeito que desta volta Galicia foi o mellor sitio da Península para observar a eclipse solar, en novembro poderemos ver a eclipse parcial de lúa, mentres o resto do estado só poderá desfrutar da fase penumbral. Así que non o perdades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario