sábado, 26 de novembro de 2022

Preparad@s para unha nova edición do Calendario de Advento?

Un ano máis achégase o Nadal e poñemos en marcha o noso Calendario de Advento. Cada día un novo reto ata chegar ás vacacións de Nadal. Despois de Nadal anunciaremos as persoas gañadoras!

Lembrade o funcionamento do Calendario...

Cada día, a partir das 9 da mañá publicaremos no blogue un reto, despois de investigalo teredes que dar a solución na Aula Virtual do cole, na sección de Matemáticas, en SansaLudoMates/Calendario de Advento 22.

Moita sorte detectives!

domingo, 5 de xuño de 2022

Parabéns Tomás po representarnos tan ben na fase galega da Olimpíada Matemática

 A semana pasada Tomás, de 2º ESO foi a Lugo á final galega da Olimpíada Matemática, xunto con outros 40 rapaces e rapazas de toda Galicia.


Foi unha xornada intensa, cunha proba individual de 2 horas e despois unha proba por equipos na que o grupo de Tomás resultou o gañador. 


Parabéns polo teu bo traballo, curiosidade e entusiamo por  "darlle á cabeza". Nunca os perdas.


Ao resto... animádevos a participar en este tipo de iniciativas para o vindeiro curso!





domingo, 8 de maio de 2022

Este ano estamos de noraboa!


E non deixamos de repartir parabéns!

O noso alumno Xaquín de 1ºB foi o gañador do concurso de Esopías organizado por Agapema este ano, foi o pasado sábado a A Coruña, á Feira Matemática, a recoller o seu agasallo. 

E Tomás de 2ºB pasou a primera fase da Olimpiada Matemática e irá o 26 de maio a Lugo a participar na final galega. Moita sorte Tomás!

E noraboa aos dous!


xoves, 28 de abril de 2022

Parabéns aos nosos olímpic@s!

 A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática, organiza todos os anos a Olimpíada Matemática para 2º ESO.  O seu obxectivo e promover a ensinanza e aprendizaxe das Matemáticas a través da resolución de problemas.

O día 21 de abril os nosos tres olímpicos, Uxía, Tomás e Iria, viaxaron a Ferrol para poñerse a proba. Xunto con outros 30 alumn@s de centros da comarca estiveron loitando dúas horas cos problemas.... e aínda lles pareceu pouco tempo! :)


Parabéns e non perdades as ganas de afrontar retos!




martes, 19 de abril de 2022

Parabéns finalistas do Concurso de Esopías!

Hoxe coñecimos as esopías preseleccionadas no Concurso organizado por Agapema. E estamos de noraboa, as esopías de Inés de 1ºA "Luz en la oscuridad" e de Xaquín de 1ºB "Todos somos amigos" foron seleccionadas como finalistas. Agora só queda agardar as votacións finais!

Se queredes lelas e votar por algunha delas (só podedes votar por unha) pinchade aquí.

Noraboa, Inés e Xaquín!