luns, 11 de xaneiro de 2021

Os retos matemáticos en Infantil

Non nos podemos esquecer dos nosos pequechos e pequechas de infantil que tamén traballaron duro para resolver os seus retos de Advento!

Noraboa PEQUEMATEMÁTIC@S!




venres, 8 de xaneiro de 2021

Gañadores do Calendario de Advento

Voltamos nun novo ano coas enerxías renovadas e con ganas de máis.

Polo pronto toca anunciarvos aos gañadores e gañadora do calendario de Advento co que rematamos o ano.

En Primaria temos un empate na cabeza do concurso. Os gañadores son Diego GC (5ºB) e Brais SS (5ºA).

En Secundaria o podio da competición queda do seguinte xeito.

  1. Nelson BL(1ºB).
  2. Uxía LP (1ºA).
  3. Iria MM (1ºA).

A gañadora entre as vosas profes é Rocío (Física e Química).

Parabéns a todos os gañadores. E a aqueles que non o conseguistes, noraboa e grazas pola vosa participación. Non perdades o ánimo, haberá máis oportunidades para facelo. Non deixedes de seguirnos.

mércores, 23 de decembro de 2020

Máis calendarios

Despois destes días de calendario de advento non queremos despedirnos sen deixarvos un auténtico calendario.

martes, 22 de decembro de 2020

Remata o Calendario de Advento

A resposta ao enigma de onte son os números combinatorios, que coñeceredes antes de marchar do colexio. 

Hoxe despedímonos do noso Calendario. Á volta das vacacións publicarase a listaxe de gañadoras e/ou gañadores.

 

Non esquezades pasar mañá por aquí para unha nova entrega de calendarios.