mércores, 23 de decembro de 2020

Máis calendarios

Despois destes días de calendario de advento non queremos despedirnos sen deixarvos un auténtico calendario.

A Acción COST ChETEC (CA16117) para o fomento da ciencia entre a xuventude creou un calendario para o ano 2021 no que homenaxea ás "Mulleres científicas en Astrofísica Nuclear".

Podes descargar o calendario para imprimir premendo na fotografía ou a través da web da Agrupación Ío.

Para aqueles que preferides outros temas no voso calendario podedes descargar e imprimir o calendario 2021 de "Mulleres escritoras" que nos presenta a Organización de Mujeres de STES-intersindical na súa páxina web.

Agardamos que vos gusten e que teñades todas e todos unha boa entrada no novo ano.

Desfrutade das vacacións e descansade.

E voltade con ganas o ano próximo. Agárdanvos novas sorpresas por estes lares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario