Hoxe, 11 de febreiro celébrase o día da Muller e a Nena na Ciencia. Queremos propoñer de novo unha actividade para dar a coñecer o traballo de mulleres no campo das Matemáticas.
A actividade consiste no deseño dun marcapáxinas dedicado a unha matemática proposta polo Departamento. Unha das caras do marcapáxinas imprimirase cun deseño de Infantil e Primaria e a outra cun deseño de Secundaria, e repartiranse entre todo o alumnado do centro.
Este ano a matemática que queremos dar a coñecer é Maryna Viazovska.
Invitamos a todas e todos a que investiguedes un pouco para coñecer a súa vida, e inspirarvos para facer un deseño que inclúa a súa imaxe (debuxo, caricatura...), algún dos seus logros...
Podedes descargar a plantilla na que debedes deseñar o marcapáxinas aquí (ollo! imprimídea en tamaño A4) ou podedes pedir a plantilla impresa a calquera das profes do Departamento (Ana ou Verónica).
Recolleremos os vosos deseños durante todo o mes de febreiro.
Animádevos a participar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario