xoves, 21 de decembro de 2023

Xoves, 21 de decembro

Pechamos o calendario de advento co matemático e filósofo Bertrand Russell e un dos argumentos máis usados en discusións entre ateos e creentes "a tetera de Russell".

E finalmente, para pechar este ano 2023, estamos encantadas de anunciar que as persoas gañadoras nesta edición, con 9 retos acadados, son dúas veteranas do calendario:

¡Uxía e Bea de 4º ESO!

Ademáis queremos destacar á mellor debutante, que se quedou a un só reto de igualalas que é Sara de 1ºA ESO.

As tres podedes pasar polo Departamento de Matemáticas a buscar o voso merecido agasallo!

Grazas a tod@s por participar, agardamos que prendéramos nalgúns momentos a chispa da curiosidade, deixámosvos ademáis, durante estes días, algunhas recomendacións de lectura, así que... NON DEIXEDES DE LER!





mércores, 20 de decembro de 2023

Mércores, 20 de decembro

A imaxe de onte correspondía á novela premio Nadal en 2019 Los crímenes de Alicia do escritor Guillermo Martínez, autor tamén dunha das nosas recomendacións de sempre: Los crímenes de Oxford.

E chegamos ao final do calendario deste ano! Empezamos o día un cun matemático premio Nobel de Literatura e rematamos con outro!

 




martes, 19 de decembro de 2023

Martes, 19 de decembro

 O día 4 de decembro colouse no calendario Alicia:


do conto Alicia no País das Marabillas, de Lewis Carrol. Foi no ano 1862 dando un paseo en barco polo río Támesis cando improvisou esta historia para entreter ás fillas do decano de Christ Church onde traballaba como profesor de matemáticas.

 E seguimos con outro reto moi rapidiño...



luns, 18 de decembro de 2023

Luns, 18 de decembro

 As imaxes de onte pertencían ao libro O principiño de Antoine de Saint-Exupéry, un libro atemporal, para todas as idades, de apenas 100 páxinas e que nos invita a reflexionar sobre distintos aspectos da vida. 

A pizarra de onte pertencía ao astrónomo, exemplo de como ás veces nos deixamos levar polas apariencias á hora de xulgar as persoas. Recomendámosvos esta marabillosa lectura!

Hoxe, igual tedes que volver atrás no calendario...


 

 


venres, 15 de decembro de 2023

Venres, 15 de decembro

 Que tal o reto de onte?

Neste percorrido polo mundo dos libros non podíamos esquecer o máis importante da nosa literatura e un referente da literatura universal:


 A paradoxa foi exposta a Sancho, cando era gobernador de Barataria, para que buscase unha solución.

E hoxe imos cun reto moi sinxelo visitando outro libro imprescindible...



xoves, 14 de decembro de 2023

Xoves, 14 de decembro

Onte falabamos de Drácula, que provén do rumano e significa "fillo de Dracul", esta famosa novela foi escrita polo irlandés Bram Stoker que se licenciou en ciencias e matemáticas no Trinity College de Dublín no ano 1870.

E de libro a libro...


 


mércores, 13 de decembro de 2023

Mércores, 13 de decembro

 Salve,quam vos?

Como adiviñaríades, onte cantábamos en latín e do latín provén a locución que se empregaba antigamente para indicar, en matemáticas, a finalización da demostración dun teorema: "quod erat demonstrandum" 8o que se quería demostrar), empregándose as iniciais qed, usadas tamén en castelán en referencia a "queda entonces demostrado".

Hoxe pasamos do latín a unha das suas primeiras descendentes...



martes, 12 de decembro de 2023

Martes, 12 de decembro

 Boas de novo!

A imaxe pertencía á serie Gambito de Dama (menudo gambazo!). Esta serie, trata sobre a vida dunha xogadora ficticia de xadrez, Beth Harmon. O conserxe do orfanato onde vivía cando era nena, o señor Shaibel, regálalle o libro Modern Chess Openings que foi un manual de referencia para axedrecistas durante o s.XX e foi publicado por primeira vez en 1911.

E pasamos ao reto de hoxe cantando unha panxoliña...


 


luns, 11 de decembro de 2023

Luns, 11 de decembro

 Que tal esa ponte? Preparad@s para máis retos?

A divulgadora da que falabamos no reto anterior é Clara Grima que ademáis aparece debuxada nas portadas dos seus libros. As portadas que aparecían no reto eran as dos libros:

Hasta el infinito y más allá: Mati y sus mateaventuras (2013)

¡Qué las mátemáticas te acompañen! (2018)

En busca del grafo perdido (2021)

A resposta ao reto do pasado partes era o número 6052.

E hoxe pasamos dos libros á televisión...



martes, 5 de decembro de 2023

Martes, 5 de decembro

 Bo día!

A solución ao reto de onte era...


 o oito de picas!

E para hoxe unhas recomendacións literarias...



luns, 4 de decembro de 2023

Luns, 4 de decembro

 Bo día!

O matemático que tiñamos no reto de onte é José Echegaray que ademáis foi o primeiro español en gañar un Premio Nobel. No ano 1904, José Echegaray recibiu o Premio Nobel de Literatura xunto ao poeta francés Frédéric Mistral, que era a solución ao reto do venres.

Hoxe toca continuar unha serie moi sinxela, non perdades ollo!


 




venres, 1 de decembro de 2023

Venres, 1 de decembro

 Benvid@s a unha nova edición do noso calendario de Advento, este ano inspirado polo tema escollido como fío condutor deste curso: “O mundo dos libros”.

Agardamos que aprendades algo novo con cada reto!

MOITA SORTE!







domingo, 26 de novembro de 2023

Volve o Calendario de Advento!

 Xa está aquí unha nova edición do Calendario de Advento de Nadal que propoñemos dende o departamento de Matemáticas do CPI de San Sadurniño.

Empezaremos o vindeiro día 1 de decembro, e durante os días lectivos iremos propoñendo diferentes retos que debedes respostar na Aula Virtual do cole no curso Calendario de Advento 2023.

Aquelas persoas que máis cuestións resolvan terán un pequeno agasallo que entregaremos o día 21.

Moito ánimo investigador@s!

sábado, 11 de febreiro de 2023

Día da Muller e a Nena na Ciencia 2023

Hoxe, 11 de febreiro celébrase o día da Muller e a Nena na Ciencia. Queremos propoñer de novo unha actividade para dar a coñecer o traballo de mulleres no campo das Matemáticas.

A actividade consiste no deseño dun marcapáxinas dedicado a unha matemática proposta polo Departamento. Unha das caras do marcapáxinas imprimirase cun deseño de Infantil e Primaria e a outra cun deseño de Secundaria, e repartiranse entre todo o alumnado do centro.

Este ano a matemática que queremos dar a coñecer é Maryna Viazovska.


Invitamos a todas e todos a que investiguedes un pouco para coñecer a súa vida, e inspirarvos para facer un deseño que inclúa a súa imaxe (debuxo, caricatura...), algún dos seus logros...

Podedes descargar a plantilla na que debedes deseñar o marcapáxinas aquí (ollo! imprimídea en tamaño A4) ou podedes pedir a plantilla impresa a calquera das profes do Departamento (Ana ou Verónica).

Recolleremos os vosos deseños durante todo o mes de febreiro.

Animádevos a participar!