Un ano máis para conmemorar o Día da Muller queremos propoñer de novo unha
actividade para dar a coñecer o traballo de mulleres no campo das
Matemáticas.
Queremos manter a tradición e igual
que o pasado curso, a actividade consiste no deseño dun marcapáxinas
dedicado a unha matemática proposta polo Departamento. Unha das
caras do marcapáxinas imprimirase cun deseño de Primaria e a outra
cun deseño de Secundaria, e repartiranse entre todo o alumnado do
centro.
Este
ano a matemática que queremos dar a coñecer é Ada Lovelace. Que ademáis está considerada a primeira persoa "programadora" da historia.
Invitamos
a todas e todos a que investiguedes un pouco para coñecer a súa
vida, e inspirarvos para facer un deseño que inclúa a súa imaxe
(debuxo, caricatura...), algún dos seus logros, debuxos, frases...
Podedes
descargar a plantilla na que debedes deseñar o marcapáxinas aquí
(ollo! imprimídea en tamaño A4) ou podedes pedir a plantilla
impresa a calquera dos profes do Departamento (Jose ou Verónica).
Recolleremos
os vosos deseños durante todo o mes de marzo.
Animádevos
a participar!