luns, 22 de febreiro de 2021

Coleccións conxuntas

 Hoxe voltamos con vós para presentarvos nunha nova actividade que desenrolaremos dende o proxecto SansaLudoMates.

Propoñémosvos coleccionar con nós cousiñas relacionadas coas matemáticas. De momento abrimos tres coleccións: unha de películas e series, outra de cancións e unha terceira de literatura.

Todas elas están ubicadas na sección que o proxecto ten na Aula Virtual do centro, á que podedes acceder a través da imaxe.

Non tedes que facer nada especial, só abrir a mente ás matemáticas no voso día a día. Seguro que se vos ocorre algunha película na que aparecía algo relacionado coas matemáticas, algunha canción (das que cantades no colexio ou fóra del) na que apareza algo que teña que ver coa matemática e, de certo que coñeceredes algún libro. 

Pois se vos atopades con algunha destas cousas, só tedes que entrar na Aula Virtual e crear unha páxina na que presentedes o voso obxecto de colección. No propio curso tedes un titorial no que vos explicamos como facelo. É moi sinxelo, non vos asustedes.

Entre todos/as podemos facer unhas súper coleccións conxuntas.

Tamén podedes suxerir outras coleccións que se vos ocorran. Para iso escribide ao correo do proxecto: sansaludomates@cpisansadurnino.org. Nós xa andamos con algunha máis na cabeza... Proximamente contarémosvos máis.

 

Foto por Marius Iordache en Pixnio

Ningún comentario:

Publicar un comentario