O día 12 de maio de cada ano celébrase o Día Escolar das
Matemáticas e quixemos aproveitar esta data para facer algo especial
co que promover a nosa materia. Por iso eliximos o día 14 de maio
para organizar unha pequena feira na que compartir xogos e
actividades.
Dende o Departamento de Matemáticas queremos darlle
as grazas a un montón de persoas que fixeron posible este proxecto:
- A todo o persoal do centro por colaborar e ofrecer
a súa axuda para a montaxe da feira.
- A todo o profesorado de Infantil e Primaria por
confiar en nós e dicir que si antes de saber onde se metían.
- A todo o alumnado de Infantil e Primaria que
compartiu con nós ese día, esperamos que quedasen con ganas de repetir.
- E sobre todo as GRAZAS con maiúsculas ás nosas
axudantes de Secundaria: Icía, Lucía, Alicia, Irene, Sol, Paula,
Carme e Antía, porque sen elas non poderíamos telo feito. Moitas grazas nenas!
Convidamos a todas e todos a participar o vindeiro
ano para poder repetir a experiencia!
En breve compartiremos algunha foto da Feira...
Ningún comentario:
Publicar un comentario