martes, 1 de decembro de 2020
Calendario de Advento. Día 1
luns, 30 de novembro de 2020
Calendario de Advento.
Os que cursades relixión xa houbestes escoitar estes días
falar do tempo de Advento.
Desde o SansaLudoMates presentámosvos o noso propio calendario de advento para contar os días que quedan ata as vacacións de Nadal. Cada día que queda de clase ides ter (a falta de chocolate) un enigma para resolver.
Neste blog irán aparecendo cada mañá enigmas para que investiguedes un pouco. Despois teredes que introducir a resposta na aula virtual e.... a sumar puntos! Para introducir as vosas respostas debedes entrar no curso que vos corresponda.
Á volta das vacacións haberá un agasallo para @s mellores detectives matemátic@s.
Animádevos a participar.
martes, 17 de novembro de 2020
Papiro de Ahmes
No ano 1858 o
exiptólogo escocés A. Henry Rhind atopou en Luxor un papiro do século XVII
antes de Cristo, no que o escriba Ahmes recollía problemas que, segundo a súa
afirmación, ¡xa tiñan 200 anos de antigüidade!
O papiro mide uns 6
metros de lonxitude e 33 de ancho e conten 87 problemas coa súa resolución.
Non sabemos o motivo polo que se escribiu o papiro, nin nada máis sobre Ahmes… era un profesor? un alumno?....
Gustaríache
resolver un problema que ten case 4000 anos?
O problema 26 di que uhna cantidade e a súa
cuarta parte suman 15. Pídese calcular a cantidade
Cal é a cantidade buscada?
venres, 2 de outubro de 2020
Comezou outubro
Acabamos de estrear outubro e pensaredes que non ten nada que ver coas matemáticas. Erro. As matemáticas están en todas partes.
Outubro é unha palabra que provén da latina octobris. Como todas sabedes «octo-» significa «oitavo». Octobris é, polo tanto, o «oitavo mes».
Pensa en que outros meses teñen nomes similares.
Por que lle chamamos outubro ó décimo mes?
Investiga un pouco e deixa aquí
os teus comentarios.
mércores, 17 de xuño de 2020
Xogo de final de curso
Esperamos que vos guste!
Non agardes máis e pincha aquí.


