luns, 23 de marzo de 2020

Reto PUZZLES


Como xa saberedes somos unhas entusiastas do xogo educativo e de todas aquelas actividades que fagan traballar as nosas neuronas!
Nesta ponte propuxémoslle ao alumnado de 1º ESO que fixese puzzles e os compartise no Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA) que usan para traballar.
Aquí tedes algúns dos resultados: 2425 pezas nesta ponte.
Grazas a todas as persoas que montaron puzzles na ponte e animamos a tod@s a seguir participando pois seguides tendo a actividade aberta!








Como nos axudan as matemáticas a combater ao COVID-19

Hoxe recomendámosvos un artigo publicado nestes días no portal de ciencia galego GCiencia.
 https://www.gciencia.com/saude/un-modelo-un-teorema-e-teoria-de-xogos-contra-o-coronavirus/
Nese artigo ponse de manifesto o importante papel das matemáticas na investigación dunha pandemia. Animámosvos a que o leades e o comentedes, como tamén outros artigos científicos do portal que poidan ser do voso interese.

mércores, 18 de marzo de 2020

Juan José Nieto Roig

O pasado día 17, na Voz de Galicia, publicaron un artigo no que o matemático galego Juan José Nieto Roig explica como as matemáticas poden axudar a predecir a evolución dunha epidemia: "El pico máximo de contagios se producirá a principios de abril".

Juan José José Nieto Roig é catedrático de Análise Matemático na USC e ademáis membro da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) dende 1991.
É, ademáis, cofundador de CorBi Foundation que é unha institución que promove a investigación biomédica aplicando as matemáticas e a computación a ese campo.

Aquí tedes algúns enlaces a diferentes artigos nos que aparece que vos poden resultar de interese:

sábado, 22 de febreiro de 2020

Peregrina Quintela

O pasado día 10, en GCiencia, publicaron unha entrevista á unha das mellores matemáticas de Galicia: Peregrina Quintela Estévez.

Peregrina Quintela é:
  • Catedrática de Matemática Aplicada da USC.
  • Presidenta da Red Española Matematica-Industria (math-in).
  • Directora do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI).
  • Gañadora do Premio María Josefa Wonenburger Planells 2016, que destaca as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencais e a tecnoloxía.

No seguinte enlace podedes ler a entrevista: Peregrina Quintela: "Para acabar coa fenda de xénero hai que ter conciliación real"

E aquí tedes a súa páxina persoal para coñecer máis dela: Peregrina Quintela.