Hoxe recomendámosvos un artigo publicado nestes días no portal de ciencia galego GCiencia.
Nese artigo ponse de manifesto o importante papel das matemáticas na investigación dunha pandemia. Animámosvos a que o leades e o comentedes, como tamén outros artigos científicos do portal que poidan ser do voso interese.
luns, 23 de marzo de 2020
mércores, 18 de marzo de 2020
Juan José Nieto Roig
O pasado día 17, na Voz de Galicia, publicaron un artigo no que o matemático galego Juan José Nieto Roig explica como as matemáticas poden axudar a predecir a evolución dunha epidemia: "El pico máximo de contagios se producirá a principios de abril".
Juan José José Nieto Roig é catedrático de Análise Matemático na USC e ademáis membro da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) dende 1991.
É, ademáis, cofundador de CorBi Foundation que é unha institución que promove a investigación biomédica aplicando as matemáticas e a computación a ese campo.
Aquí tedes algúns enlaces a diferentes artigos nos que aparece que vos poden resultar de interese:

- El País: "Nace CorBi Fountation para impulsar la investigación biomédica a nivel internacional"
- El Ideal Gallego: "El segundo matemático más citado aprendió aquí a sumar"
- El Correo Gallego: "Dos profesores de la USC, entre los investigadores más relevantes de 60 países"
- El Correo Gallego: "Nieto Roig continúa en la lista de investigadores altamente citados"
sábado, 22 de febreiro de 2020
Peregrina Quintela
O pasado día 10, en GCiencia, publicaron unha entrevista á unha das mellores matemáticas de Galicia: Peregrina Quintela Estévez.
Peregrina Quintela é:
No seguinte enlace podedes ler a entrevista: Peregrina Quintela: "Para acabar coa fenda de xénero hai que ter conciliación real"
E aquí tedes a súa páxina persoal para coñecer máis dela: Peregrina Quintela.
Peregrina Quintela é:
- Catedrática de Matemática Aplicada da USC.
- Presidenta da Red Española Matematica-Industria (math-in).
- Directora do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI).
- Gañadora do Premio María Josefa Wonenburger Planells 2016, que destaca as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencais e a tecnoloxía.
No seguinte enlace podedes ler a entrevista: Peregrina Quintela: "Para acabar coa fenda de xénero hai que ter conciliación real"
E aquí tedes a súa páxina persoal para coñecer máis dela: Peregrina Quintela.
luns, 11 de novembro de 2019
Tránsito de Mercurio
Hoxe tivo lugar un fenómeno que non poderemos volver a ver ate o 13
de novembro de 2032: un tránsito do planeta
Mercurio.
A semana pasada convocamos un obradoiro para saber
máis sobre o que era e que condicións se tiñan que dar para que
sucedera, e hoxe sobre as dúas e vinte da tarde saímos fora para
ver se as nubes nos deixaban desfrutalo, pero non puido ser...
Pola tarde o tempo foi máis benévolo e puidemos
velo. Aquí tedes algunhas imaxes da proxección do Solarscope:
Igual tedes que ampliar as imaxes para poder aprecialo. Mercurio é ese pequeno puntiño negro preto do centro do disco solar. Lembremos que o raio de Mercurio é aproximadamente 1/286 parte do raio do Sol.
venres, 1 de novembro de 2019
Comezo do curso...
Arrancamos este novo curso con moitas ganas de facer cousas divertidas...
O noso obxectivo para este ano é conseguir que o alumnado participe en todas as actividades propostas...
E a primeira delas... celebrar o Samaín coas nosas CABAZAS MATEMÁTICAS...
Veñen de distintos países e distintas épocas pero todas elas teñen algo en común, a todas lles entusiasman as matématicas...
O pasado mércores xogamos con elas, @s nos@s intrépid@s participantes tiñan que atopar as cabazas que tiñan as solucións a uns enigmas propostos polas profes de mates. Agardamos que lles gustase a actividade e que participen coas mesmas ganas na próxima!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)