luns, 30 de novembro de 2020

Calendario de Advento.

Os que cursades relixión xa houbestes escoitar estes días
falar do tempo de Advento. 

Pero os calendarios de advento xa non son somentes patrimonio relixioso. De seguro que moitos tendes un calendario con chocolates para contar os días que quedan para o día de Noiteboa. 

Desde o SansaLudoMates presentámosvos o noso propio calendario de advento para contar os días que quedan ata as vacacións de Nadal. Cada día que queda de clase ides ter (a falta de chocolate) un enigma para resolver.

Neste blog irán aparecendo cada mañá enigmas para que investiguedes un pouco. Despois teredes que introducir a resposta na aula virtual e.... a sumar puntos! Para introducir as vosas respostas debedes entrar no curso que vos corresponda.

Á volta das vacacións haberá un agasallo para @s mellores detectives matemátic@s. 

Animádevos a participar.


martes, 17 de novembro de 2020

Papiro de Ahmes

No ano 1858 o exiptólogo escocés A. Henry Rhind atopou en Luxor un papiro do século XVII antes de Cristo, no que o escriba Ahmes recollía problemas que, segundo a súa afirmación, ¡xa tiñan  200 anos de antigüidade!

 

O papiro mide uns 6 metros de lonxitude e 33 de ancho e conten 87 problemas coa súa resolución. Non sabemos o motivo polo que se escribiu o papiro, nin nada máis sobre Ahmes… era un profesor? un alumno?....

 

Gustaríache  resolver un problema que ten case 4000 anos?


O problema 26 di que uhna cantidade e a súa cuarta parte suman 15. Pídese calcular a cantidade


Cal é a cantidade buscada?