mércores, 23 de decembro de 2020

Máis calendarios

Despois destes días de calendario de advento non queremos despedirnos sen deixarvos un auténtico calendario.

martes, 22 de decembro de 2020

Remata o Calendario de Advento

A resposta ao enigma de onte son os números combinatorios, que coñeceredes antes de marchar do colexio. 

Hoxe despedímonos do noso Calendario. Á volta das vacacións publicarase a listaxe de gañadoras e/ou gañadores.

 

Non esquezades pasar mañá por aquí para unha nova entrega de calendarios.

luns, 21 de decembro de 2020

Calendario de Advento. Día 21.

 O matemático e poeta do enigma do pasado venres era Omar Jayam.

Cada vez que escribides 3²=6 morre un coelliño. Menos mal que temos a Fibonacci.

venres, 18 de decembro de 2020

Calendario de Advento. Día 18

 A resposta ao enigma de onte era Piet Mondrian.


Se pensabas que as matemáticas e a poesía non tiñan nada que ver hoxe levarás unha sorpresa.

Este vez queremos saber o nome do matemático e poeta da Idade Media que escribiu a poesía da presentación e viviu na enigmática Samarcanda.






xoves, 17 de decembro de 2020

Calendario de Advento. Día 17.

 A curva en forma de corazón do enigma de onte chámase CARDIOIDE.

Hoxe viaxamos a Basilea e visitamos o museo da Fundación Beyeler.

mércores, 16 de decembro de 2020

Calendario de Advento. Día 16

Avanzamos no calendario detectives, que non decaia o ánimo!

O alquimista do enigma de onte era Isaac Newton.

Imos co de hoxe:

martes, 15 de decembro de 2020

Calendario de Advento. Día 15

A película pola que preguntabamos onte é Cortina Esgazada (Torn Curtain), dirixida por Alfred Hitchcock.


Hoxe buscamos o nome dun alquimista afeccionado, que tamén escribiu sobre outro par de temas...




luns, 14 de decembro de 2020

Calendario de Advento. Día 14.

 A resposta correcta á cuestión do pasado venres é: Möbius

Hoxe imos ao cine.

venres, 11 de decembro de 2020

Calendario de Advento. Día 11

 Bo día a tod@s!

O escultor do enigma de onte era Fidias, e no cadro mostraba o friso do Partenón aos seus amigos.

Para hoxe arte e matemáticas...

xoves, 10 de decembro de 2020

Calendario de Advento. Día 10

Onte preguntabamos pola obra de Escher e a resposta eran os mosaicos ou teselacións.


No enigma de hoxe falamos de arte



mércores, 9 de decembro de 2020

Calendario de Advento. Día 9.

A resposta á pregunta do venres pasado é Cono de Apolonio.

E para hoxe un novo enigma que resolver.

venres, 4 de decembro de 2020

Calendario de Advento. Día 4

A nave espacial do enigma de onte era a Mars Climate Obiter

Hoxe toca un enigma de XEOMETRÍA, a por el...

xoves, 3 de decembro de 2020

Calendario de Advento. Día 3

O gañador do Nobel polo que preguntabamos onte era John Forbes Nash, un experto en Teoría de Xogos.


No enigma de hoxe viaxamos a Marte, ou case...

 

 

mércores, 2 de decembro de 2020

Calendario de Advento. Día 2.

O matemático do enigma de onte era o sueco Helge von Koch.

Noraboa ás que atinastes. Hoxe tedes a segunda oportunidade para ir sumando puntos.


martes, 1 de decembro de 2020

Calendario de Advento. Día 1

Benvid@s ao noso calendario de advento 2020! A partir de hoxe e ata o día 22 teredes, cada día lectivo, un enigma que resolver. As respostas tédelas que fornecer na Aula Virtual do cole, lembrade que cantos máis enigmas resolvades máis puntos acumularedes e máis posibilidades teredes de conseguir un premio aos/ás mellores detectives!